Dereito Bancario

leer mais

Dereito Civil

leer mais

Dereito Penal

leer mais

Dereito Mercantil

leer mais

Dereito Laboral

leer mais

Dereito Administrativo

leer mais

Dereito da Circulación

leer mais

Dereito Fiscal e Tributario

leer mais

Comercio internacional

leer mais

Dereito Ambiental, Augas e Mineria

leer mais

Concursos Mercantís e reestruccturacións

leer mais

Formación interna para empresas

leer mais

¿Quen somos?

Lucus Lex Abogados é un despacho que aposta dende a súa posta en marcha por un servizo integral aos seus clientes, fundamentalmente empresas, entendendo o asesoramento xurídico como unha parte máis da xestión das empresas e das organizacións.
Toda a actividade da empresa dende a súa creación á produción, pasando pola xestión de persoal ou a xestión medioambiental, ten unha marcada dimensión xurídica que na maioría dos casos precisa dun acompañamento por parte dun avogado aos xestores da empresa durante a toma de decisións.
Lucus Lex Abogados pretende colocarse á vangarda entendendoo asesoramento como algo de carácter preventivo, é dicir, como unha actividade que ten que producirse antes e durante a toma de decisiónsenon no momento no que xurdeo problema. A función dun asesor xurídico non é resolver problemas, é evitalos.
Aspiramos a que o noso acompañamento previo faga innecesaria a nosa presenza para resolver un problema posterior. Pero si a pesar de todo chega a producirse, o noso coñecemento do proceso de toma de decisiónsfará máis sinxela a defensa dos intereses do noso cliente.
Quizais en demasiadas ocasións arrepentímonos de nonter lído coa atención debida unha cláusula dun contrato, oulamentámonos de nonter valorado ben o alcance dunha determinada decisión que, co paso do tempo, provocou efectos indesexables e imprevistos. Neses casos añoramos a presenza dun avogado que nos tivese axudado non a ver máis aló, pero sí a ver cousas distintas.
En Lucus Lex Abogados aspiramos a que os nosos clientes empresa integren o aspecto xurídico na xestión diaria e, sobre todo, nas decisións estratéxicas que adopten.
A dimensión xurídica na xestión empresarial debe ser tida en conta co mesmo peso que outras, aparentemente máis importantes, como poden ser a dimensión financeira ou a xestión de recursos humanos.
Precisamente froito desa vocación de servizo á empresa, e da dilatada experiencia dos nosos avogados xunto co coñecemento dos diversos sectores e áreas de actividade, apostamos pola especialización e a asistencia integral: queremos asesorar en todos os ámbitos do Dereito que se poidan presentar nunha empresa ou organización, dende o fiscal atao laboral, pasando polo civil esendescoidar aspectos como o dereito medioambiental ou de protección de datos.
Pero esa asistencia integral queremos levala a cabo coa especialización que se necesita e que os nosos clientes demandan e merecen.
Así como os nosos clientes venden ou producen produtos e servizos dispares, tamén nós pretendemos prestar un servizo especializado e a medida de cada cliente e de cada situación. Neso consiste o noso compromiso co cliente.
Pero a atención a determinados problemas que se poidan suscitar non só vén dende o campo xurídico.
Ás veces é necesario o concurso doutros profesionais de ámbitos distintos: economistas, enxeñeiros, médicos, arquitectos, ... Lucus Lex Abogados conta cunha ampla e preparada rede de colaboradores que poden prestar eses servizos complementarios para o suposto de que o cliente non teña outros da súa confianza.
Prestamos un servizo integral en toda Galicia así como no resto do territorio nacional grazas a acordos de colaboración con outros despachos, o que nos permite garantir cobertura nacional aos nosos clientes en calquera situación.
Aínda que a nosa vocación é eminentemente empresarial, non nos esquecemos dos particulares, asociacións e outros grupos de interese, que atoparán en Lucus Lex Abogados unha atención personalizada e próxima como requiren a maioría das situacións nas que nos vemos na obriga de recorrer a un avogado.
Un avogado precisa coñecementos técnicos, por suposto, pero tamén proximidade, empatía, compromiso, en definitiva “poñerse no lugar do cliente”.
Estamos seguros de que en Lucus Lex Abogados o cliente particular atopará “o seu” avogado.

Membros de LucusLex Abogados

Abogado Nº 1.850 del Ilustre Colegio de Abogados de Lugo.

email: adriannunez@lucuslexabogados.com

teléfono 982242309

>mais información<

Abogado Nº 1.422 del Ilustre Colegio de Abogados de Lugo

email:luislamas@lucuslexabogados.com

teléfono: 982242309

>mais información<

Abogado Nº 795 del Ilustre Colegio de Abogados de Lugo

Administrador Concursal/Mediador familiar

Perito calÍgrafo

email: marcocandal@lucuslexabogados.com

teléfono: 982242309

>mais información<

Abogado Nº 81.941 del Ilustre Colegio de Abogados de Madrid.

email: pablogallego@lucuslexabogados.com

teléfono: 982242309

>mais información<

Abogado Nº 2.049 del Ilustre Colegio de Abogados de Lugo

email: jesusrodriguez@lucuslexabogados.com

teléfono: 982242309

>mais información<